Este sábado día de San Xoán, tócanos viaxar ao sur do país. Desta vez na Guarda, no Castro de Santa Tegra, nunha magnífica Festa Castrexa que estaremos animando a partir das 23h xunto con Folk Lareira. Animamos a todo o mundo, que se achegue a disfrutar da festa xa que conta cunha programación para todo […]
Fin de semana de festas e calor, pero Tanto Nos Ten non paramos. Mañá sábado, día 17 de Xuño, andaremos facendo a sesión vermouth en Parga, Guitiriz. A partir das 12 do mediodía estaremos animando a feira e a noite, tócanos a verbena. Os que andades preto, non dubidedes en achegarvos.
Este próximo domingo 4 de Xuño, andaremos por Catoira. Como máis nos gusta, a rás da festa. Dende as 10 da mañá estaremos animando a romaría de San Cibrao de Dimo. Con máis grupos da zona, tentaremos que a festa non falte e a xente disfrute bailando e cantando con nós. Non dubidedes en pasar […]