loading

Blog

08 Mar

Agarremos as tesoiras, hai moitos fios que cortar. Cortemos os fíos que atan e privan de liberdade, fíos que asfixian un sentir. Cordas invisibles que son visibles. Desas que reteñen os teus dereitos, só por se ti. MULLER. Cortemos fíos e cosamos redes. Agarremos as tesoiras moradas e esfiañemos todo aquilo que reforza a miserentos […]

8M Tanto Nos Ten
07 Xuñ

I Cantos de Taberna en Marín

Este venres 8 de Xuño, comezamos o mes nos cantos de taberna en Marín organizada polo grupo os Saljariteiros, cos que compartiremos festa. Os Perucos e Os Carunchos tamen serán encargados de armar a festa. A partir das 21:30h do serán, tedes unha cita en Marín.   Quen ven botar unhas bailas ???  

IMG-20180524-WA0003
01 Feb

III Cantos de Taberna

Este sabado dia 3 de Febreiro andaremos por Lalín preparados para darlle un remate a III Edicion de Cantos de Taberna. A partir das 19h estaran as tabernas cheas e desfrutando da nosa música. E para dar un bo remate a festa, temos o pracer de compartir palco co grupo Sons da Mina.   Que […]

IMG-20180120-WA0007
08 Dec

Tanto Nos Ten no Nadal Cultural en Rebordans, Tui

Este sábado 9 de Decembro estaremos en Rebordáns,  Tui, dentro da programación do Nadal Cultural que se celebra no Centro Cultural “San Fins”.  A partir das 21:30h, faremos festa xunto co Rancho Folclórico Regional de Foros de Salvaterra (Portugal), Escola de Música e Baile de San Fins de Rebordáns e Tanto Nos Ten.  Animádevos a […]

IMG_20171208_150729
16 Nov

VIII Magosto Furtivo

Este sábado 18 de Novembro chegou o día.  Chega o Magosto Furtivo,  o Magosto no que xogamos na casa.  Pero este ano como espectadores dun día cheo de actividade Furtiva.  Xantar popular,  sesión Vermouth,  Foliada aberta…. E xa entrada a tarde,  o coro tradicional e gaiteiros Tirapuxa darán comezo aos concertos Punk Infantíl de Peter […]

IMG-20171110-WA0000
02 Nov

X Feira de Outono, Ponteareas

E despois de sábado en Mos,  arrancamos dereitos a Ponteareas para pechar a X Feira de Outono que se celebra os días 3, 4 e 5.  Pola tarde,  a partir das 17:30h, o noso compañeiro Josinho da Teixeira e o gran Luís O Caruncho,  poñerán en valor a improvisación oral en verso, tan coñecida regueifa. […]

FB_IMG_1509482877890
02 Nov

Magosto nas Pedriñas, Mos

Este sábado día 4 de Novembro,  seguimos de festa.  Desta vez pasaremos Mos para animar o Magosto das Pedriñas, en Tameiga.  Con viño,  castañas,  regueifas… fremos a festa xunto a Vacaloura Vermella.  E pola tarde a partir das 18h, AsacoCirco. Que non pare a festa e vide a disfrutar dos magostos do país.

FB_IMG_1509042486102
2024 © Tanto Nos Ten | Desarrollado por JacoboProl.comCorreoAdminRaider