Este próximo venres estaremos facendo festa no interior do país. Toca Ourense. Toca na Limia. Toca en Vilar de Santos. Toca na Arca de Noe. Dando comezo ao entroido a partir das 22:00h. Esperamosvos impacientes e con gaña de moita moita festa!!!
Este sábado 14 de Xaneiro estaremos nas Foliadas do Folk de Raíz. Estaremos facendo a festa xunto a Pana Raiada e Chafarís. Vide comezar o ano e a pasalo ben este próximo sábado.
Inda que vos pareza que este momento xa pasou e foi certo, volverá a repetirse un ano despois. Tanto Nos Ten estaremos no Bar Cruceiro de Chapela o próximo sábado 17 a partir das 21:00h. E si, de novo estaremos cos nosos compañeiros de festa Os Carunchos. Última festa antes de rematar o ano. Animádevos […]
O próximo 26 de Novembro, estaremos no VII Magosto Furtivo do Viso, Redondela. Os nosos compañeiros do Polisóns da Teixeira serán uns dos encargados da sesión vermouth. Pola tarde, xogos populares e moita musica tradicional con Follas Verdes, Anaquiños Aluarado, Gaiteiros da Chan das Pipas, Peter Punk (paiaso) e Volta e Dálle. Animadevos que augardente […]
Este Martes 11 de Outubro, partires das 22:00h, estaremos no Rosal. Actuaremos na Praza do Calvario, pero en caso de mal tempo, actuaremos no Auditorio Municipal.
Este sábado 20 estaremos na Romería de Moraime en Muxia. Tocaremos pola tarde en dous pases, as 18:00 h e as 20:30 h. Aquí vos deixamos toda a programación das festas.
Mañá domingo día 14 de Agosto, estaremos en Viana do Bolo dentro da programacion da Verbena Galega. Estaremos acompañados da Banda da Balbina e un picadiscos. Os Ramistas serán os grandes presentadores da festa. Vas perder a oportunidade de escoitarnos e botar unhas bailas?
Este sábado 13 de Agosto, estaremos no festival 27373 de Begonte, Lugo. A partires das 19:30 no clube fluvial de Begonte andaremos a facer festa xunto con O Leo Arremecághona e as Habelas Hainas. Haberá un lote de actividades mais. No cartel tedes toda a informacion. Animádevos!!
Este xoves 11 de Agosto estaremos de novo en Redondela. Actuaremos dentro da programación do Meixón Music que organizan os locais Café da Vila e a Tenda de Candelaria. O xoves 11 ás 21:00 horas na praza de Meixón Frío.
Este proximo sábado 6 de Agosto, estaremos por terceiro ano no serán dos Loureiros, que se celebra nas proximidades da praia de Montalvo. A festa comezará a partires das 23:00h. Deixamosvos mais información no seguinte carteliño.