loading

Arquivos

18 Out

XXVII Festival Folclórico Ancoradoira

Este sábado 21 de Outubro collemos camiño cara o norte.  A partir das 22h,  despois de un día cheo de actividades, estaremos no paseo marítimo do Burgo no XXVII Festival Ancoradoira. Dende as 12 do mediodía festival Infantil con A. C.  Saídas de Xove,  A Caramiñas e A. F.  Ancoradoira. Entre as 15h e as […]

Screenshot_2017-10-17-21-14-17-320_com.adobe.reader
14 Set

Lumeirada do río Deza,

Este fin de semana estaremos en Pontedeva, Ourense.  Actividades dende o mediodía, tradicional cea do porco ao espeto e lumeirada pa dar paso aos concertos. Rebulir, Xestreu e Banda e Tanto Nos Ten seremos os encargados de que a noite non teña fin.   Animádevos a vir,  que vai rematando o verán.

FB_IMG_1505222075460
24 Ago

XVI NOITE DE LÚA MEIGA, O VISO

Este sábado volvemos para o sur,  e non para descansar,  se non para desfrutar do festival con mellores vistas do país. Este sábado 26 de Agosto,  chega o XVI Festival do Lúa Meiga no Viso,  Redondela. MeighaChimpins,  xogos populares, xantar popular,  Cé Orquesta Pantasma,  Peter Punk, Mariam Bañobre, Isabel Risco, Sons da Mina,  Volta e […]

FB_IMG_1503584042762
24 Ago

Tanto Nos Ten en San Orente, Serra de Outes

E seguimos.  Mañá venres,  25 de Agosto, volvemos ao ataque.  E desta tócanos facer parada nas festas de San Orente,  na serra de Outes.  Tres días de festa que comezan cunha noite de concertos con Tanto Nos Ten,  Son do Galpón e un Dj. No Adro da Igrexa a partir das 22:30h, comeza a festa! […]

IMG-20170806-WA0006
18 Ago

Romaría de Moraime, Muxía

Esto é un non parar. Seguimos de festa e desta vez atacamos ao norte. Lugar coñecido, festa coñecida e xente festeira. Regresamos de novo a Muxía,  desta vez a romaría San Roque de Moraime en Muxía. E sabemos de sobra que festa non vai faltar e desta vez menos posto que estaremos con grandes compañeiros. […]

FB_IMG_1502956105385
16 Ago

MeixonMusic, Redondela

Mañá Xoves,  17 de Agosto, xogamos na casa.  Estaremos a partir da 21:00h facendo a festa dentro da programación do MeixonMusic organizado polo Café da Vila e A Tenda da Candelaria,  na praza Meixón Frío de Redondela.  Vide botarnos unhas bailas e coller ánimos para rematar a semana con ganas moita festa.    

IMG-20170816-WA0007
11 Ago

XI Mercado das Rutas do Mar, Muxía

Este sábado 12, estaremos de novo en terra mariñeira. Durante todo o día,  andaremos a recorrer e animar cada un dos postos presentes no XI Mercado das Rutas do Mar que se celebra este sábado e domingo na vila mariñeira de Muxía. Non faltará de nada.  Pasádevos a desfrutar o día en terras da Barca. […]

SAVE_20170811_112951
08 Ago

Festas do Monte, A Guarda

Este mercores 9 de Agosto, collemos rumbo a Guarda para animar as Festas do Monte que se celebran no centro social Fuscalho. Ese mesmo día,  haberá cantos de taberna, por se vos animades a enganchar a festa dende o principio. Aí vos queda o cartaz ca información. É mercores,  pero que nin falte a festa!!!!

FB_IMG_1501808923916
03 Ago

IV Serán dos Loureiros, Arra (Montalvo)

Este sábado,  e por cuarto ano consecutivo Tanto Nos Ten estaremos no IV Serán dos Loureiros que se celebra nas inmediacións a praia de Arra en Montalvo.  Durante a xornada do sabado haberá Feira de Productos Galegos, con degustacións, exposicións,  música….  E pola noite,  serán a cargo de todos os grupos que se desexen anotar. […]

FB_IMG_1501759454186
2024 © Tanto Nos Ten | Desarrollado por JacoboProl.comCorreoAdminRaider