Pois este sábado 29 de Xullo achegamonos a terras da Limia. A Serra do Larouco será a encargada de acoller a III LaroucoFest de Baltar. Xogos populares, obradoiro de baile tradicional, As Xeitosas, Banda de gaitas de Baltar, Ce Orquesta Pantasma… serán os encargados de animar durante o día para que a xente colla o […]
E seguimos…. Este sábado 22 estaremos moi preto da casa. Desta vez, Xeve será o encargado de acollernos no seu festival que compartiremos, por segunda vez este ano, con SÉS e tamén rematará a festa un picadiscos. A partires das 23h, e nós como encargados de poñer a todo o mundo a bailar, estaremos no […]
Empezamos ruta de verán. A beira do mar, como a nós nos gusta, tócanos quedar na Pobra do Caramiñal. III edición do festival Folk do Carme do Castelo, que nos espera cunha das mellores programacións que se poden ver. Ce Orquesta Pantasma, A Troupe, Os Carunchos e Tanto Nos Ten. Seremos os encargados de dar […]
Este sábado día de San Xoán, tócanos viaxar ao sur do país. Desta vez na Guarda, no Castro de Santa Tegra, nunha magnífica Festa Castrexa que estaremos animando a partir das 23h xunto con Folk Lareira. Animamos a todo o mundo, que se achegue a disfrutar da festa xa que conta cunha programación para todo […]
Fin de semana de festas e calor, pero Tanto Nos Ten non paramos. Mañá sábado, día 17 de Xuño, andaremos facendo a sesión vermouth en Parga, Guitiriz. A partir das 12 do mediodía estaremos animando a feira e a noite, tócanos a verbena. Os que andades preto, non dubidedes en achegarvos.
Este próximo domingo 4 de Xuño, andaremos por Catoira. Como máis nos gusta, a rás da festa. Dende as 10 da mañá estaremos animando a romaría de San Cibrao de Dimo. Con máis grupos da zona, tentaremos que a festa non falte e a xente disfrute bailando e cantando con nós. Non dubidedes en pasar […]
Este sábado 27 de Maio, estaremos de novo no Festival Folk de Lires. E cartelazo que nos espera nunha noite que vai estar cargada de boa festa. Xa dende as 20 h, poderemos disfrutar de grupos como Millo Verde, Os Carabullas, As Xaviñanas e Pedras Miúdas. E a partir das 23:30h, poderedes vir disfrutar do […]
O vindeiro 16 de Maio estaremos na presentación do disco O`de Lacón. Disco que poñen a andar os nosos amigos (e amiga) dos AIRIÑOS DA FREBA. De primeiro, darlle os Parabens por tan fermoso disco que estamos seguros que percorrerá moitos torreiros con longas filas para botar unhas bailas. De segundo, darlle as gracias por […]
Este sábado 22 de Abril estaremos no IV Serán Vila de Manzaneda. A partir das 23:00h e no local da Asociación A Rebusca, teremos o placer de facer a festa xunto con Coanhadeira e Repichoca. Pero hai máis. As 19:00 tamén andarán a facela festa Gorxas Bravas e Os Bertolini. E máis cousas durante o […]
Este próximo domingo 12 de Marzo, andaremos polo sur do país. A partires das 19:00h, tocanos facer festa na Feira de San Gregorio de Pias, no Rosal. Animádevos a vir e botarlle uns bailes!!!! Deixámosvos toda a programación da festa, por se vos presta ir con tempo.