27 Xul
Tanto Nos Ten no LaroucoFest en Baltar, Ourense
Pois este sábado 29 de Xullo achegamonos a terras da Limia. A Serra do Larouco será a encargada de acoller a III LaroucoFest de Baltar. Xogos populares, obradoiro de baile tradicional, As Xeitosas, Banda de gaitas de Baltar, Ce Orquesta Pantasma… serán os encargados de animar durante o día para que a xente colla o ritmo de cara a noite. A partir da tardiña, Os da Porfía, Tanto Nos Ten, The Texas Van e Sacha na Horta seremos os que nos encargaremos de facer festa ara que o corpo aguante.
Estamos seguros de que ninguen se vai aburrir. Animádevos e vide pasar un día pola serra.
Comentarios ( 0 )